XXXIII Festa da Castaña do Caurel
- O Concello de Folgoso do Courel celebra o día 5 de novembro a XXXIII Festa da Castaña do Caurel, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia
A cita, que se celebrou por última vez no ano 2019 en Seoane por mor da pandemia, levarase a cabo en Folgoso do Courel ao longo de todo o día
O Concello dálles as grazas aos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria do CPI Poeta Uxío Novoneyra, autores do cartel que anuncia a festa.
O pregón correrá a cargo do cociñeiro e presentador Xoanqui Ameixeiras
Programa
Ás 12:00 horas está prevista a apertura do recinto e representación de música de raíz con Xavier Blanco da Fundación Legar.
Ás 13:00 horas haberá unha degustación de pratos elaborados con castaña a cargo da Asociación Cociñeiros Lugo.
Ás 13:30 horas será o pregón a cargo do cociñeiro e presentador Xoanqui Ameixeiras.
De seguido farase a entrega de trofeos do III Concurso de Tapas da Castaña.
Haberá unha actuación do grupo Gaitas e Cantores do Courel.
Degustación gratuíta de castañas e viño durante a mañá e ata a tarde-noite amenizada por unha charanga e o grupo O Recanto.
Ás 18:30 horas Concerto Falando a Música con Rosa Sánchez e Pablo Carpintero na carpa da Praza do Concello.
Ás 20:30 horas cea popular na carpa.
Ás 22:00 horas actuación do Dúo Explosión.
Ás 23:00 horas concerto do Grupo Gin Toni’s e remate da festa co Dúo Explosión.