XXXI edición do Premio «Antón Losada Diéguez», axuda de 6.000 euros
- A Xunta de Goberno da Deputación colabora coa XXXI edición do Premio «Antón Losada Diéguez»
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebradaonte no Pazo Provincial aprobou unha axuda de 6.000 euros para o Concello de Boborás, destinada á XXXI edición do Premio «Antón Losada Diéguez» que leva a desenvolverse anualmente desde o ano 1985. Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao xoves 11 de agosto.
A XXXI edición do premio «Antón Losada Diéguez» recoñeceu as obras «Un animal chamado néboa» de Ledicia Costas, na categoría de creación literaria, e a obra «Vicente Risco. Mestre de mestres» de Xosé Fernández Fernández, na categoría de investigación e ensaio.
Este premio literario conta cunha dotación de 6.000 euros por categoría e galardoa obras publicadas no ano anterior de entre as presentadas a concurso polas editoriais.
Asemade, a Xunta de Goberno aprobou a resolución complementaria á convocatoria de axudas para proxectos de prestación de servizos sociais para o ano 2016, así como a resolución dos recursos presentados contra a resolución da convocatoria de entidades deportivas 2016.