XXIX Festa da Castaña do Courel: castañas gratis, música e postos de artesanía
- Será o vindeiro 6 de novembro no Souto da Carroza en Folgoso do Courel e o pregón correrá a cargo de Davide Salvado
A XXIX Festa da Castaña do Courel, que conta ca declaración de Festa de Interese Turístico, desenvolverase o próximo 6 de novembro no “Souto da Carroza” en Folgoso do Courel.
Os actos comenzarán ás 12 horas ca actuación do grupo Gaitas e Cantores do Caurel.
As 13:00 horas levarase a cabo a presentación do libro de Jesús Río Ramilo «O Courel bajo la cruz de Santiago S.XII-XIX», mentres que o pregón terá lugar as 13.30, este ano a cargo de unha das voces máis carismáticas da zona, Davide Salvado, que seguidamente ofrecerá un concerto.
Os asistentes poderán degustar gratuitamente castañas asadas do Courel e viño da zona a partires das 12 horas do mediodía e tamén atoparán servizo de churrasco e pulpo.
Haberá postos de artesanía e venta de productos da zona ,demostración de oficios, música tradicional e charanga.
Un día antes, o 5 de novembro, haberá unha “pancetada”, a partires das 21,00 horas, e tamén verbena.