XXI Xogos autonómicos de atletismo Special Olympics Galicia

  • Gabriel Alén defende os valores de igualdade e inclusión do deporte
    • O delegado territorial explicou o traballo permanente da Xunta pola inclusión e sinalou que “a discapacidade sexa do tipo que sexa, debe facerse desde a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a accesibilidade universal e a acción positiva”
  • A Consellería de Política Social ven asinando diferentes convenios de colaboración con Special Olympics que suman máis de 2,1 M de euros nos últimos 10 anos

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, defendeu os valores do deporte como unha actividade inclusiva e igualitaria. Así o subliñou esta mañá no acto de inauguración dos XXI Xogos autonómicos de atletismo Special Olympics Galicia, que teñen lugar na pista de atletismo de Monterrei, no concello de Pereiro de Aguíar.

Gabriel Alén amosou a súa admiración e recoñecemento polos participantes desta iniciativa. “Substantivos -engadiu o delegado territorial- que resumen os meus sentimentos polas persoas que son exemplo permanente de superación e que entenden, igual que eu entendo por profesión e devoción, que das cinco áreas fundamentais do adestramento deportivo: resistencia, velocidade, forza, habilidade, e espírito, o máis importante é este último por ser o lugar onde habita o progreso e descansa o predominio”.

O representante do Goberno galego en Ourense salientou o traballo permanente da Xunta pola inclusión das persoas con discapacidade. Nesta liña, recordou que “a discapacidade, sexa do tipo que sexa, debe atenderse desde a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a accesibilidade universal e a acción positiva. Non se trata de adaptarse para integrarse na sociedade, senón que é ela a que debe estar atenta ás necesidades de cada persoa”.

Convenio

Neste sentido, González Alén puxo en valor a colaboración da Consellería de Política Social con Special Olympics a través dun convenio que permite a organización de actividades deportivas adaptadas, ocio, accións formativas e a promoción do voluntariado. Nos últimos dez anos, este entidade recibiu máis de 2,1 millós de euros ao abeiro deste acordo.

 

O delegado territorial da Xunta tamén quixo agradecer aos participantes e organizadores 

o esforzo realizado en aras dunha extraordinaria oportunidade para que estes deportistas galegos con discapacidade desenvolvan as súas aptitudes físicas e demostren que son capaces de competir e de ensinarnos.

También te podría gustar...