XVIII Premio de Enfermería de Ourense, dous traballos sobre a loita contra a infección das feridas, gañadores

  • Dous traballos sobre a loita contra a infección das feridas acadan o XVIII Premio de Enfermería de Ourense
  • Os traballos premiados enfócanse no coidado da infección das feridas baseándose na evidencia tanto no seu coidado como prevención
  • A Clausura das xornadas tivo como invitada á Prof. Dra. Norma Mur da Universidade de Ciencias Médicas de Cienfuegos (Cuba), especialista en enfermería materno-infantil e na formación postgraduada de Enfermería, un dos seus eidos de investigación

As XI Xornadas de Enfermería de Ourense culminaron onte co fallo do XVIII Premio de Enfermería aos traballos “Biofilm: o malo da película” e “Aplicación do proceso enfermeiro a un paciente con úlcera tumoral infectada. Caso Clínico” nas categorías de mellor comunicación póster e mellor comunicación oral.

O xurado das xornadas organizadas pola Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, premia así os traballos elaborados por Luis Alberto Ojea, supervisor xeral do Complexo hospitalario de Ourense, experto universitario e especialista en feridas crónicas pola Universidade de Santiago e referente no coidado de lesións ulcerosas na Xerencia do Sergas en Ourense, que abordou o papel do biofilm bacteriano nas feridas.

CiR2hNiXAAA9bme


O Biofilm é unha fina capa formada por unha comunidade de bacterias e fungos que se interrelacionan e protexen formando unha barreira contra as defensas naturais do corpo, os anticorpos e as células fagocíticas, pero tamén fronte aos tratamentos antimicrobianos e antibióticos, constituindo así un dos maiores riscos de infección e cronificación das feridas, dificultando a súa curación. No traballo plantéxase o necesario coñecemento do problema, baseado na evidencia, para achar o tratamento axeitado e conseguir bos resultados.

Coidado das feridas a domicilio

O premio a mellor comunicación oral reacaeu sobre o caso clínico, presentado por Ana Fernández Conde, Susana Borge Dafonte e Nancy Marra Gil, enfermeiras e supervisora da Unidade de Hospitalización a Domicilio do CHUO, que plantexaron a necesidade de dar unha resposta asistencial tanto ao problema clínico como apoio a familia e coidadores mediante educación sanitaria e o apoio emocional.

CiR2hKBXAAAGrS5

As úlceras oncolóxicas e neoplásicas prodúcense xeralmente pola infiltración dun tumor na pel e /ou rede vascular e linfática adxacente. Este tipo de úlceras adquire unha relevancia especial, porque dadas as súas características adoitan conlevar problemas psicosociais e emocionais en paciente e familia.

No seu traballo as profesionais de enfermería de HADO expuxeron o caso clínico dun paciente que presentaba unha destas úlceras, e que foi atendido pola Unidade de Hospitalización a Domicilio, para control de síntomas con limitación do esforzo terapéutico. Mediante a aplicación do proceso de atención enfermeira, conseguiuse un axeitado control dos síntomas físicos e evitouse a sobrecarga do coidador, elemento clave á hora de manter uns coidados axeitados no domicilio e evitar a claudicación familiar.

Participación internacional na clausura

A conferencia de clausura estivo a cargo de Norma Mur Villar, enfermeira especialista materno-infantil, doutora en pedagoxía e profesora da Universidade de Ciencias Médicas Cienfuegos (Cuba), que asemade pertence a distintos grupos de traballo internacionais para a investigación enfermeira. Mur participou no deseño da Especialidade de Enfermería Materno Infantil en Cuba e forma parte do Grupo de Investigación CTS 367 da Universidade de Granada e a Xunta de Andalucía.

A clausura das xornadas coincidíu onte, co Día Internacional da Enfermería, que conmemora a data de nacemento Florence Nightingale, figura clave da enfermería moderna. Esta reunión científica, decana no seu sector a nivel galego, serve para difundir os traballos de investigación publicados ou presentados, ao longo deste ano, en congresos ou simposios autonómicos, nacionais e internacionais, requisito imprescindible para concorrer ao Premio.

También te podría gustar...