XVIII Festa das Covas en Vilamartín de Valdeorras
Xa temos o cartel anunciador do que vai a ser a XVIII Festa das Covas en Vilamartín de Valdeorras e que vaise a celebrar o vindeiro día 2 de agosto neste municipio da nosa comarca.
Organizada pola Asocicación de Coveiros de Vilamartín, é unha das festas clásicas da nosa comarca no verán e nesta edición de 2014 terá o horario de 20:30h ata as 24:00h (a partir das 0:00h, máis festa) e na que como xa é tradicional, coa típica cunca de barro e pano, poderase degustar viño artesán en cada cova e mailos pinchos correspondentes típicos (queixo, empanadas, ibéricos,…).
Para quen esté interesado en asitir, dende A Rúa haberá saída de autobuses cada 30 minutos dende a Estación a partires das 19:30. O mesmo da Estación de O Barco dende as 19:00h. A volta será ás 3:00 para O Barco e as 3:30 para A Rúa.
Nesta edición o prezo sitúase en 10 euros.