XVII Cata Oficial dos Viños de Valdeorras
- O Consello Regulador acolle a celebración da XVII Cata Oficial dos Viños de Valdeorras
- Por vez primeira, esta cata ábrese a todas as bodegas da denominación e non só ás participantes na Feira do Viño
- Un panel de nove catadores analizou as 33 mostras presentadas
As instalacións do Consello Regulador acolleron esta mañá a celebración da XVII edición da Cata Oficial de Viños da D.O Valdeorras, que por vez primeira se abriu a todas as bodegas da comarca. Este acto serviu como prólogo á celebración da XIX Feira do Viño de Valdeorras, que se celebra mañá e pasado na praza barquense de Viloira.
Un panel de nove catadores foi o encargado de analizar as 33 mostras presentadas na cata, que deu comezo ás 10,00 horas de hoxe. Mañá pola tarde, no recinto feiral, terá lugar unha cata con xurado popular, unha iniciativa novidosa nesta edició da Feira do Viño.
Os premios de ambas as dúas catas outorgaranse o domingo á tarde.