XV Campus de Fútbol Cidade de Monforte
- O XV Campus de Fútbol Cidade de Monforte-R.C. Celta de Vigo, que deu comezo onte e ata o vindeiro venres 6 de agosto, conta cun total de 72 nenos e nenas participantes con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos, o que supón un 100% das prazas ocupadas
- Do mesmo xeito, onte luns deu comezo a terceira e derradeira quenda do Campamento Deportivo de Verán que terá lugar entre o 2 e o 13 de agosto e na que participan un total de 96 nenos e nenas, o que supón tamén un 100 % de ocupación das prazas ofertadas
O Concello de Monforte segue a traballar para que a oferta deportiva e lúdica deste verán sexa o máis completa e variada para todos os nenos e nenas monfortinos.
Deste xeito, onte luns comezou a actividade do XV Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo que conta cun total de 72 nenos e nenas participantes con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos, o que supón un 100 % das prazas ocupadas.
Os/as participantes levarán a cabo a actividade entre este luns 2 e o venres 6 de agosto no Campo Municipal de Fútbol Luís Bodegas entre as 10:00 e as 13:00 h.
Trátase dunha actividade tradicional dentro da programación deportiva de verán que organiza anualmente o Concello de Monforte, que este ano, e con motivo da crise sanitaria do COVID – 19, se realiza cun protocolo especificamente deseñado para que todos os nenos e nenas participantes poidan desfrutar da actividade con total seguridade.
Inicio da terceira quincena do Campamento Deportivo de Verán
Do mesmo xeito, onte luns deu comezo a terceira e derradeira quenda do Campamento Deportivo de Verán que terá lugar entre o 2 e o 13 de agosto e na que participan un total de 96 nenos e nenas, o que supón tamén un 100 % de ocupación das prazas ofertadas.
Ocupación do 100 % das prazas ofertadas
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fai un balance moi positivo do funcionamento das actividades que forman parte do programa deportivo de verán, entre outras cousas porque “a ocupación foi do 100 % das prazas ofertadas que foron un total de 616 repartidas entre o Campamento Deportivo de Verán, o Campus de Fútbol e os cursos de natación na Piscina Climatizada Municipal”.
Seguimos apostando por ofertar un calendario de actividades de verán o máis completo posible, para que as vacacións dos máis pequenos sexan o máis diversas e divertidas posibles, á vez que contribuímos a facilitar a conciliación familiar das familias, especialmente nestes tempos de crise que estamos a vivir derivada da pandemia do Coronavirus. E, en relación con esta, tamén establecemos protocolos de seguridade e hixiene para garantir a saúde dos participantes nestas actividades
, salientou o rexedor municipal.