Xuntanza para impulsar a inclusión de Valdeorras na marca ‘Enoturismo de Galicia’
- Francisco García impulsará a inclusión da Ruta do Viño de Valdeorras na marca ‘Enoturismo de Galicia’
- A iniciativa foi presentada esta semana en Santiago
O presidente do Consello Regulador, Francisco García, abordará a vindeira semana cos membros da xunta directiva da Ruta do Viño da comarca a posible adhesión de Valdeorras á marca de promoción conxunta “Enoturismo de Galicia”, que foi presentada esta semana en Santiago a instancias do Clúster de Turismo de Galicia.
A entidade deixou as portas abertas a Valdeorras para a súa inclusión nesta iniciativa, que xa conta co respaldo das outras catro rutas do viño galegas.
A xuntanza terá lugar o vindeiro luns 24 de outubro, pola tarde, nas dependencias do Consello Regulador.