Xunta, Deputación de Ourense e Concello colaboran para rehabilitar a Casa Consistorial de Beade

Deputación OurenseO vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e o alcalde de Beade, Senén Pousa, asinaron hoxe o protocolo de colaboración para a rehabilitación da Casa Consistorial do Concello de Beade danada por un atentado terrorista o pasado mes de outubro.

Alfonso Rueda destacou que grazas á colaboración entre as tres administracións pódese levar a cabo a rehabilitación da casa do concello cun investimento, de case 300.000 euros, ao que o Concello non podía facer fronte en solitario, e co obxectivo principal de que é o concello de Beade e os seus veciños conten cunha casa consistorial que se lle poida prestar servizos nas mellores condicións. Rueda e Manuel Baltar coincidiron en afirmar que a cooperación entre administracións redunda positivamente nos cidadáns e nos nosos concellos, xa que sumando esforzos pódese ser máis eficientes e ofrecer mellores servizos.

A través deste convenio, a Xunta e a Deputación de Ourense achegan cada unha 120.000 euros en tres anualidades, 2014-2016, coas que o concello de Beade poderá facer fronte a preto do 80 % do orzamento total que necesita para a posta a punto da casa consistorial.

A actuación consistirá en rehabilitar o edificio antigo, aproveitando a estrutura e o peche perimetral, despois de que quedara seriamente danado na madrugada do 7 de outubro de 2013 por un artefacto explosivo que estoupou fronte a porta do consistorio provocando no inmoble considerables danos materiais, derrubando portas e provocando desprendementos nas paredes do edificio público.

Por este motivo o proxecto de rehabilitación recolle actuación na totalidade do edificio, desde a reposición do lucernario de cuberta, demolicións e reconstrucións de fachadas, pasando pola renovación das instalacións eléctricas, de calefacción e fontanería.

 

También te podría gustar...