Xornalistas chinos realizan o Camiño de Santiago nunha viaxe de familiarización
- O obxectivo é promover a Ruta Xacobea e difundir o fenómeno das peregrinacións a Compostela en China e incrementar, así, o número de peregrinos desta nacionalidade que no que vai de ano supuxeron xa un total de 629, un 25% máis de no mesmo período do pasado ano 2014
- O viaxe, organizado en colaboración coa OET de Beijing conta coa participación de catro xornalistas da revista National Geographic e un equipo de televisión de Travel Channel
- Con esta, xa son 33 as viaxes de familiarización organizadas por Turismo de Galicia ao longo do ano 2015 nas que participaron un total de 224 prescriptores
Xornalistas procedentes de China visitan a nosa comunidade estes días para realizar o Camiño de Santiago grazas a unha viaxe de familiarización organizada por Turismo de Galicia.
O viaxe, organizado en colaboración coa OET de Beijing conta coa participación de catro xornalistas da revista National Geographic e un equipo de televisión de Travel Channel acompañado por unha celebridade chinesa e os seus axudantes.
En total un grupo de once persoas que chegaron o pasado venres á Santiago de Compostela procedentes de Pekín para realizar as etapas da Ruta Xacobea na súa vertente francesa que unen Sarria e Santiago de Compostela
A primeira noite aloxáronse en Sarria para comezar a mañá do sábado a primeira etapa do Camiño, os máis de 22 quilómetros que unen Sarria e Portomarín. A etapa do domingo, levounos a Palas de Rei tras percorrer un total de 25 quilómetros. Continuaron a súa peregrinación o luns cos máis de 28 quilómetros da etapa Palas de Rei- Arzúa e o martes para completar os 20 quilómetros da etapa Arzúa – Pedrouzo.
No día de hoxe, chegan a meta do Camiño, Santiago de Compostela, tras percorrer a a última etapa de 20 quilómetros.
Para finalizar a viaxe, mañá, xoves, continuarán coa súa visita a Santiago de Compostela e coñecerán Fisterra.
Viaxes ao longo do ano 2015
Con esta acción de promoción, xa son 33 as viaxes de familiarización organizadas por Turismo de Galicia ao longo deste ano 2015 ao obxecto de difundir os valores turísticos da Comunidade galega en distintos mercados emisores.
Nestas viaxes de familiarización participaron no que vai de ano un total de 224 prescriptores, entre os que se inclúen xornalistas e operadores turísticos de diferentes nacionalidades.
As viaxes de familiarización turística constitúen unha forma de promoción turística que, baseada no coñecemento ‘in situ’ do destino, ten, por un lado, unha grande importancia para os axentes de viaxe, porque poden prescribir o destino cun mellor coñecemento, e, por outro, un gran valor publicitario para o territorio receptor xa que os seus atractivos e recursos turísticos son difundidos mediante reportaxes e informacións variadas nos medios de comunicación.
Peregrinos procedentes de China
O obxectivo desta acción de promoción posta en marcha por Turismo de Galicia é promover o Camiño de Santiago e difundir o fenómeno das peregrinacións a Compostela en China e incrementar, así, o número de peregrinos desta nacionalidade que no que vai de ano supuxeron xa un total de 629, o que supón un incremento de máis do 25% en relación ao mesmo período do pasado ano 2014.