Xornadas ‘Ourense é comercio’ ao longo de outubro

  • A XUNTA COLABORA NAS XORNADAS “OURENSE É COMERCIO” QUE SE DESENVOLVERÁN NA CIDADE DAS BURGAS AO LONGO DE OUTUBRO.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou hoxe na presentación das xornadas Ourense é comercio organizadas pola Federación de Comercio e que se desenvolverán durante o mes de outubro na cidade das Burgas.

300915RP xornadas comercio

Martínez destacou a colaboración da Consellería de Economía e Industria a través do programa de impulso ao labor que desenvolven as federacións de comerciantes e asociacións de ámbito superior ao municipal, concedéndolles tíckets de dinamización que os beneficiados empregan no desenvolvemento de actuacións de impulso da demanda comercial, así como iniciativas encamiñadas á promoción das vendas, e aquelas relacionadas co incremento da actividade comercial, alcanzando a axuda ata o 70% dos investimentos a realizar. Dentro deste programa, á Federación de Comercio de Ourense concedéuselle un apoio de 50.000 euros para esta e outras iniciativas.

O delegado territorial indicou que “o comercio é un importante elemento vertebrador das vilas e das cidades galegas e un sector de relevancia para a reactivación económica, e sobre todo si estamos a falar da cidade ourensá” . Por isto, explicou que o Goberno galego, ten en marcha o Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia 2015-2020, unha folla de ruta que suma 70 millóns en recursos públicos e que busca incrementar nun 15 % os emprendedores que traballan no sector e triplicar a porcentaxe de establecementos que venden na internet, entre outros obxectivos.

As xornadas consistirán na celebración de tres encontros os días 2, 8  e 21 de outubro que pretenden difundir a importancia do comercio ourensá e fortalecer o valor social desta actividade empresarial, amais de proxectar a cidade como capital das compras.

También te podría gustar...