Xornadas de divulgación ‘A Conservación do Medio Natural, Unha Tarefa Común’ no Barco
Este venres día 3 de outubro, vanxe a realizar as Xornadas de divulgación ‘A Conservación do Medio Natural, Unha Tarefa Común’ no Barco organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela, sendo o seu coordinador Luís Celeiro Álvarez e o secretario Xoán Piñeiro Cochón.
Baixo o patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia, son unhan xornadas itirnerantes que percorreran diferentes concellos entre o 24 de setembro e o 28 de novembro, sendo este vindeiro venres a celebración en O Barco.
Trátase de 20 xornadas, 20 días, en 20 localidades de 20 concellos, de 20 comarcas de Galicia, nas que cada día se desenvolverá un tema ou un contorno temático coa presenza de tres relatores.
-Un profesor e investigador na materia
-Un investigador mozo, doutor ou doutorando, que complemente a explicacións do mestre
-Un xornalista que actúe de fío condutor, de presentador e moderador
Pola mañá farase unha sesión nun centro educativo, con especial atención aos estudantes de bacharelato e, pola tarde, outra orientada ao público máis diverso do propio concello ou, se o teñen a ben, dos concellos limítrofes.
Son en total 60 persoas que van a difundir o coñecemento adquirido e creado en Lugo, dando mostras da fortaleza deste Campus, con varias titulacións moi relacionadas co desenvolvemento do territorio e do medio natural, rural e urbano, tanto nas áreas xeográficas do interior como nas costeiras.
Cómpre valorar o talante e o comportamento dos directores e directoras dos centros que acollen estas xornadas e do persoal dos mesmos, así como o interese das 20 alcaldías, dispostas a colaborar con agrado co este proxecto.