“Xornada de portas abertas” na Deputación de Ourense

Deputación Ourense

 

A Deputación de Ourense celebra mañán domingo, 30 de novembro, unha xornada de portas abertas, actividade que xa se iniciara o ano pasado ao cumprirse os 180 anos da existencia da división do territorio do Estado español nas actuais provincias.

Tanto o Pazo Provincial como o Centro Cultural “Marcos Valcárcel” estarán abertos ao público en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.30 horas. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participará na primera da visitas, recibindo ao público no Pazo Provincial ás 11.00 horas. Os visitantes, aos que se lles entregará o libro “A historia provincial e o seu goberno”, poderán percorrer as instalación do Pazo Provincial e do Centro Cultural ao longo de toda a xornada.

También te podría gustar...