Xornada de portas abertas da restauración das pinturas murais da Igrexa de Pinol

  • O Concello de Sober programa para mañá martes unha xornada de portas abertas da restauración das pinturas murais da Igrexa de Pinol
  • Como consecuencia da covid-19 é preciso reservar praza para controlar o aforo

O Concello de Sober e a Xunta de Galicia organizan unha xornada técnica de portas abertas na igrexa de San Vicente de Pinol mañá martes 18 de agosto. Ten confirmada a súa asistencia a directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez Insua, quen estará acompañada polo alcalde, Luis Fernández Guitián.

A visita, que terá dúas partes, será ás 11:00 horas.

Primeira parte: Lectura Histórico-Iconográfica.

Segunda parte: Intervención realizada.

Aforo limitado: 25-30 persoas como consecuencia da covid-19.

É preciso reservar a través da Oficina de Turismo de Sober. Teléfono 982 46 01 61 (en horario de oficina) ou 638 04 44 43.

No caso de cubrir o aforo farase un segundo pase ás 17:00 horas.

Obxectivo

O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer a veciños e veciñas e visitantes as obras de restauración das pinturas murais do templo.

Ao longo da xornada a técnica encargada do proxecto, Montse Jiménez, recibirá a aquelas persoas que amosen o seu interese, explicando os obxectivos do traballo de restauración sobre este conxunto e o seu avance mediante unha visita ao inmoble.

O proxecto

O proxecto, financiado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo conta cun investimento de 109.021 euros. As obras están cofinanciadas pola Unión Europea a través de fondos FEDER. A empresa encargada de levalos a cabo é BABELIA CRBC S.L.

También te podría gustar...