XLI Feira do Viño de Amandi

  • O Concello de Sober presenta a Feira, o cartel anunciador e a programación do ‘Mes do Amandi’
  • A Feira celebrarase os días 11 e 12 de agosto e haberá control de acceso para cumprir coas normas sanitarias en vigor
  • O Concello de Chantada será o convidado de honra na edición deste ano

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz, e a concelleira Raquel Arias presentaron hoxe na rotonda do carreteiro a programación da XLI Feira do Viño de Amandi e do seu cartel anunciador, obra de Eduardo Pérez Bahamonde. Tamén se deron a coñecer as actividades do ‘Mes do Amandi’.

O Concello de Chantada será o convidado de honra na edición deste ano.

ACTIVIDADES DO MES DO AMANDI

Martes 3 de Agosto:

-Ás 10:00 horas no Centro Sociocultural: Xornada Tecnica: ‘O Castiñeiro de Froito: Planificación e deseño de plantacións’.

Organiza: I.X.P. Castaña de Galicia.

Xoves 5 de Agosto:

– Ás 19:00 horas en Tapería Tear de Cadeiras. Cata comentada de viños rosados da Subzona de Amandi (D.O. Ribeira Sacra). Dirixe: Cristina Mantilla, Enóloga e docente no CPR Belarmino Fernández de Rosende.

Venres 6 de Agosto:

-Ás 12:00 horas na oficina de turismo: Presentación da exposición permanente do material atopado nas escavacións de Proendos.

Luns 9 de Agosto:

-Ás 13.30 horas no Restaurante BERSO: Xantar&Maridaxe.

Dirixe a Sumiller Elisabet Castro.

Martes 10 de Agosto:

-Ás 19:00 horas no C.P.R Belarmino Fernández de Rosende: Xornada técnica ‘Aprende a Catar’ (nocións básicas e diferenza de variedades galegas). Dirixe a sumiller Isabel Lozano Verdes.

Mércores 18 de Agosto:

-Ás 22:00 horas na Praza do Toural, Concerto de Gin Toni´s.

Sábado 21 de Agosto:

-Ás 20:00 horas na Praza do Toural, Concerto da Banda de Música de Muimenta.

Venres 27 de Agosto:

Ás 22:00 horas na Praza do Toural. Concerto á luz da lúa coa Banda de Música de Sober.

OUTRAS ACTIVIDADES

EXPOSICIÓN

Do 1 ao 30 de Agosto no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados o concurso de carteis da XLI Feira do Viño de Amandi.

CATA DE VIÑOS

Con un xurado profesional celebrase una precata e cata final dos viños expostos na Feira. Entréganse tres primeiros premios para viños tintos da añada de 2020, un premio para viños brancos da añada de 2020 e un premio para viños envellecidos en barrica.

Organiza: Vinosacra

CONCURSO DESEÑO DE CARTEIS

Presentáronse 40 orixinais chegados de diferentes puntos do estado. O xurado acordou outorgar o primeiro premio o traballo presentado por Eduardo Pérez Bahamonde de Vilalba e concedéronse áccesit aos traballos presentados por Isabel Núñez Montero de Pontevedra, Alfonso Giménez Ventura de Betxí (Castellón), Maica Otero Cores, de A Illa de Arousa e Irimia Codés Lillo, de Lourenzá.

 
PROGRAMA DE ACTOS DA XLI FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

Mércores. 11 de Agosto.

Ás 11:00 horas: Apertura Oficial a cargo da familia de Benito Rivas Valdés, co-fundador da Feira do Viño de Amandi, falecido recentemente.

-Ás 11:15 horas: Actuación da Banda de Música de Sober.

-Ás 12:00 horas: PREGÓN.

Xoves 12 de Agosto.

-Ás 11:00 horas. Actuación de Os Xograres de Lemos.

Ás 11:30 horas: Comezo da Cata Oficial na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober.

-Ás 13:30 horas: Entrega de premios do Concurso de Cata.

Acceso á feira

Para acceder á feira será preciso ter entrada. O recinto estará delimitado e haberá control de aforo para cumprir coas normas sanitarias en vigor. O Goberno local informará nos vindeiros días de como facerse coas entradas de acceso aos postos.

 

 

También te podría gustar...