XIX Festival de Cine Internacional de Ourense – OUFF en Ourense
XIX Festival de Cine Internacional de Ourense – OUFF en Ourense que comezará o vindeiro día 15 e que vaise prolongar ata o día 23 na capital da provincia.
O festival chega aos 19 anos “nun estado de saúde envexable”, tal e como apuntou o alcalde da cidade, Agustín Fernández, que considera que “o cine é fundamental para a transmisión da cultura e un dos principais elementos dinamizadores desta cidade a prol do pensamento crítico”, co que concordou a concelleira de Cultura e Educación, Ana Garrido.
O rexedor ourensán fixo tamén fincapé en que “todos os esforzos que se sumen para conseguir que en todo o mundo se ligue o nome da cidade de Ourense á cultura é un acerto”. Sutil, pola súa parte, celebrou o próximo inicio do festival, “unha cita que facilita o encontro entre os espectadores e unha ampla oferta de proxeccións internacionais que axuda á promoción do cine galego”.
O delegado xeral de Galicia de Gas Natural Fenosa, Manuel Fernández Pellicer, compañía patrocinadora do festival por primeira vez, apuntou que “o seu apoio a esta importante cita anual do cine independente é froito do compromiso que ten a compañía dende hai anos coa sétima arte, así como da súa importante presenza empresarial e compromiso con Galicia”. Tamén anunciou que para vincular o seu apoio ao festival coa última aposta da compañía pola produción cinematográfica, o proxecto Cinergía, “decidiron proxectar unha das curtametraxes de Cinergía, concretamente a curta 1:58, do director de orixe ourensá Rodrigo Cortés, na gala de clausura no certame, que terá lugar o próximo día 22 de novembro”.