XIII Festa da Empanada de Costrelas en A Rúa
O vindeiro día 27 deste mes de decembro, vaise a celebrar na Rúa, a XIII Festa da Empanada de Costrelas, unha xornada de exaltación gastronómica que xa é un clásico dentro deste tipo de festas na nosa comarca.
A cita será a partires das 14:o0h no Campo de San Roque e celebrarase nunga carpa climatizada na que no menú teremos sopas de allo, a homenxeada empanada de costrelas torta de roxóns e todo acompañanado por viño, café e licores.
A celebración contará coa parte musical que correrá a cargo da disco-movil Danzalia.
As entradas son limitadas co cal é recomendable facer a reserva con antelación. O derradeiro día para facer reserva e a venda será o 25 deste mes de decembro