XII Feira de Artesanía e Produtos da Terra no Incio
- O Concello do Incio celebra este domingo día 4 de setembro a XII Feira de Artesanía e Produtos da Terra
- A partir das 11:00 horas poderanse visitar os 25 postos participantes na Cruz do Incio
- Haberá música, unha verbena dos anos 50, xogos tradicionais e un obradoiro de baile
O Concello do Incio da a coñecer a programación da XII Feira de Artesanía e Produtos da Terra que se vai celebrar o vindeiro domingo día 4 de setembro na Cruz do Incio. Trátase dunha cita que non se conmemora desde o ano 2019 por mor da pandemia.
Programa
O encontro, que busca a recuperación e difusión dos oficios tradicionais, congregará un total de 25 postos de artesanía e produtos da terra, que abrirán as súas portas na contorna da Praza de España ás 11:00 horas.
Ás 12:30 horas haberá un obradoiro de baile aberto a quen queira participar e ás 16:00 horas haberá xogos tradicionais e populares para nenos e maiores.
Ás 17:00 horas celebrarase unha verbena dos anos 50 “como as de antes” que correrá a cargo de Oxeito na que se recrea o ambiente, a música e os bailes das verbenas en Galicia dos anos 40 e 50. A actuación conta coa colaboración da Asociación Cultural As Xeitosas do Incio.
A continuación será a quenda da Charanga Ardores.
Os postos de artesanía e produtos da terra estarán abertos ata a tardiña.
O alcalde, Héctor Corujo, lembra que esta feira naceu froito do entusiasmo dos veciños e veciñas por recuperar a memoria dun modo de vida, polo que convida a asistir a todos os galegos e galegas e a aqueles que estes días nos visitan.