‘Xente miúda, moita fartura’ no Barco de Valdeorras, no marco do ‘FalaRedes 2016’

  • O ‘FalaRedes’ ten hoxe sábado 30 de abril a partir das 18:00 horas, na Biblioteca F. Delgado Gurriarán unha parada no concello de O Barco

1193bf1cd3eede8def4cc568762b104c-768x406

 

Neste caso coa actividade ‘Xente miúda, moita fartura’.  Alí estarán Pablo Díaz e a súa banda, integrada polos coñecidos músicos Carmen Rey (piano e voz) e Tito Calviño (guitarra acústica).

O espectáculo está recomendado para nenas e nenos de ata cinco anos. A banda fará un repaso polas pezas que Pablo Díaz asina no disco ‘Xente miúda, moita fartura’, un traballo cheo de ritmo que contribúe á promoción do uso da nosa lingua na familia e á súa transmisión interxeracional.

O universo en que se move este Xente miúda moita fartura é de pequeno tamaño, como a xente á que vai dedicado, fala das cousas máis próximas á vida dos e das pequenos, como os insectos, recoller os xoguetes, as cremas de verduras, ou celebrar en galego un aniversario.

También te podría gustar...