Xa temos o programa de actividades da Bacofesta A Rúa 2014

Cartel Bacofesta

A inauguración será para vindeiro día venres 15 de este mes de agosto e as actividades adicadas al ocio en sus instalaciones se prolongará ata o domingo día 17.

O Concello de A Rúa organiza este ano a I edición da BacoFesta, unha feira romano-gastronómica que quere poñer en valor os viños da zona e a súa gastronomía, homenaxeando tamén as orixes romanas da vila.

“Estamos a crear o xerme dun evento que esperamos que se consolide co paso do tempo”, explica o alcalde de A Rúa, Avelino García Ferradal. Gastronomía, vinicultura e turismo fusiónanse baixo un emblema inspirado no deus romano Baco.

A ponte romana, A Cigarrosa, testigo do esplendor de outrora, é o lugar elixido para inaugurar esta festa que pon en valor os vestixios romanos de A Rúa, na que habitou Lucio Pompeio Reburro, valdeorrés membro da garda pretoriana, e por onde transcurre a Vía Nova, a Vía XVIII do Itinerario de Antonino, que vai dende Bracara Augusta (Braga) ata Asturica Augusta (Astorga).

O acto de presentación de estas xornadas, celebrarase na Ponte Romana cos alcaldes de Petín e A Rúa ás 20:00h  , que logo dará paso á apertura de Recinto Ferial O Aguillón coa lectura do pregón. A continuación desfilarán as lexións romanas: As lexións romanas participantes no Arde Lucus (Lugo) e na Festa do Esquecemento (Xinzo de Limia) desfilarán polo recinto feiral.

Rematará esta primeria xornada apartires das 23:00h coas Xirnadas do Folclore Dende 1984, cada mes de agosto a provincia de Ourense recibe a visita de músicos e bailaríns de todo o mundo que participan nas Xornadas de Folclore, un proxecto de música e danza que este año chega á súa XXI edición.

Na Rúa participan grupos de:
· Suráfrica
· Arxentina
· Rusia – Krasnodar

Para ó día 16, se aperturará o recinto as 12:00h con xogos e hinchables para os máis pequenos. Xa ás 18:00h e ata as 20:00h haberá Obradoiros creativos sobre a cultura romana no recinto ferial. Voltará a haber desfile das lexións romanas e rematará a xornada coa celebración do Jurassic Rock, ‘The Revival Experience Festival’ coas actuacións de

  • McKuin-Banda tributo a Queen (Ferrol)
  • The loords-Banda tributo a The doors (Madrid)
  • Jurassic Rock Djs

Ás 0:00h haberá fogos artificiais.

Cara ó domingo 17, teremos ‘Os Clásicos de A Rúa’, concentración dos coches clásicos a partires das 11:00h coa apertura do recinto ferial de novo ás 12:00h.

Contaremos coa presenza de 13 adegas e 30 stands de artesanía:

Adegas:

ADEGAS:

  • Adega A COROA
  • Adega ALAN DE VAL
  • Adega da PINGUELA
  • Bodega COOPERATIVA VIRGEN DE LAS VIÑAS
  • JOAQUÍN REBOLLEDO
  • Viña SOMOZA
  • Adega MELILLAS
  • D´BERNA
  • Bodega ROANDI
  • Bodegas Mª Teresa Núñez Vega-BIOCA
  • Bodega FORNOS GRS, C.B.
  • Bodegas SAMPAYOLO
  • Adega QUINTA DA PEZA

Na parte de Artesanía:

ARTESANÍA:

  • Pablo Rodríguez, Utensilios de cociña en madeira de oliveira
  • Mª Fe Gil, Artesanía en coiro
  • Jenifer Doporto, Scrapbooking manualidades en papel
  • Genma Cebey, Artesanía de fieltro
  • Susana de la Cruz´Artesanía en esparto
  • Ana Mª Moral Prada, Manualidades trastos
  • Ana Belén Palacios Fernández, Artesá
  • Elías Blanco Blanco, Artesanía madeira
  • María Cancelas, Manualidades
  • Verónica Gómez, Caixas personalizadas
  • Fina Crespo, Bisutería e prata artesanal
  • Mª Jesús González, Artesanía fieltro
  • Marcos Duchel, Incenso, roupa e xabón ecolóxico
  • José Ocampo, Esmaltes
  • Pablo, Madeira de olivo
  • Nuria, Artesanía con palliñas
  • Guillermo, Moscas de pesca
  • Ana, Coiro
  • Antonio Fernández, xuguetes madeira
  • Domingo, Pizarra

También te podría gustar...