X Edición do Concurso Internacional de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil 2022

  • Convocado polo Concello de Parada de Sil 

Os autores terán en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve, caracterizado pola precisión no contar e no uso da linguaxe, así como por unha trama paradoxal e sorprendente.

Os microrrelatos serán de tema e estilo libre; poderán estar escritos en galego ou castelán e han de ser orixinais e inéditos. Cada autor só poderá participar cun microrrelato. A participación está aberta a calquera ámbito xeográfico, sen máis limitacións que a observancia das bases que regulan o certame.

A extensión do texto non poderá exceder das 200 palabras, en formato  DIN A-4, a dobre espazo, cun tipo de letra Times New Roman de 12 puntos.

A data de entrega finalizará o 31 de marzo de 2022. Con todo, o certame considerarase pechado con anterioridade a esa data no caso de que se alcancen os mil relatos.

En consecuencia, a selección de traballos farase por orde de recepción dos mesmos. Para o caso dos enviados por correo postal contarase como data de entrega a de presentación na oficina de envío.

Lembrar que todos os microrrelatos deben ir acompañados cunha PLICA (Nome do traballo) que conterá os datos completos do participante: nome e apelidos, data de nacemento, dirección postal, email e teléfono, título completo do microrrelato, así como Declaración Xurada conforme o traballo remitido ao concurso é orixinal e inédito. Se a PLICA non contén tódolos datos completos e a DELARACIÓN XURADA non está asinada ou acompañada no seu caso de copia de Documento Nacional de Identidade: non se admitirá o microrrelato.

BASES OFICIAIS DO X CONCURSO DE MICRORRELATOS 2022 

 

También te podría gustar...