X Edición da Noite das Ferreñas en Viana do Bolo
Xa chegamos á X Edición da Noite das Ferreñas que terá lugar o vindeiro sábado día 23 de agosto en Viana do Bolo na Praza Maior.
Dende a organización indican que para celebrar o décimo aniversario terá lugar unha representación moi enxebre e orixinal: a do proceso da malla.
Como podedes ver no cartel, poderemos disfrutar de a malla tradicional que levarán a cabo os veciños e veciñas dos pobos de Punxeiro e Quintela do Pando, empregando métodos, apeiros e roupas tradicionais que serán unha fiel representación do que se facía antaño. Todo elo acompañado por catos e bailes tradicionais.
Cando rematen, xusto a hora do xantar, poderanse disfrutar duns cordeiros guisados na misma leira onde se realizou a sega. Para cumplir coa tradición, tras a comida deberá de haber a correspondente siesta.
Pola tarde, os veciños e veciñas que participan na malla dirixiranse a vila de Viana cos seus carros cargados de cereal esperándose a chegada á Praza maior entorno ás 18:00h, hora escollida para comenzar coa representación do proceso da malla e tamén coas actuacións dos grupos de ferreñas.
Os grupos que participarán van ser:
- Grupo Candaira de Verín
- Asociación de Mulleres Rurais de San Pedro de Queizás
- Asociación de Mulleres Rurais Tamagos
- Asociación de Mulleres Rurais As Candelas de Pazos
- Asociación de Mulleres Rurais A Ribeira de Vilaza
- Asociación de Mulleres Rurais Fonte do Sapo de A Rasela
- Asociación Abaneo de Viana do Bolo
- Asociación Candea de Viana do Bolo (por confirmar)
- Grupo de Pandereteiras de A Veiga (por confirmar)
Se coida que a festa rematará entorno as 23:00h, tras o que haberá unha degustación de pinchos para os participantes na festa (malladores e pandereteiras), que terá lugar nos Xardíns do Cabo da Vila (casco antigo de Viana do Bolo).