Visita institucional da Real Academia Galega de Belas Artes á Deputación de Ourense

1 1 1 1 2015 Rosendo e Ac Belas Artes

 

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu hoxe no Pazo Provincial aos membros da Real Academia Galega de Belas Artes, que realizaron unha visita institucional á Deputación, encabezados polo presidente desta entidade, Manuel Quintana Martelo. Posteriormente, os dezanove académicos celebraron a asamblea da Real Academia no Salón de Plenos do Pazo Provincial e entre os asuntos que se trataron figurou o nomeamento da comisión de académicos para a dedicación do «Día das Artes Galegas» 2016. Na sesión tamén se presentaron informes sobre a nova Lei de Patrimonio e se deu conta da visita ás obras da Catedral de Santiago. Ademais aprobouse un informe para a protección de trece edificios de arquitectura do Movemento Moderno en Galicia.

A Real Academia Galega de Belas Artes creouse na Coruña en 1849 e o seu obxectivo é valar pola salvagarda do patrimonio cultural. Entre os seus académicos numerarios figuran varios ourensáns ou fondamente relacionados coa provincia como son Antonio Colmenero, Acisclo Manzano, García de Buciño, Felipe-Senén, Miguel Fernández-Cid e Victoria Carballo Calero, entidade na que tivo un papel relevante ata seu pasamento no 1985 Manuel Chamoso Lamas.

Na actualidade a Xunta de Goberno da Real Academia Galega de Belas Artes está presidida por Manuel Quintana Martelo, e dela forman parte Celestino García Braña, vicepresidente; Felipe-Senén López Gómez, secretario xeral; Miguel Fernández-Cid Enríquez, tesoureiro; Antonio Rodríguez Colmenero, arquiveiro-bibliotecario e María Victoria Carballo-Calero Ramos, conservadora.

También te podría gustar...