Honra á Virxe de Montserrat
- O Concello de Monforte honra á Virxe de Montserrat, Patroa da cidade
- O Alcalde, José Tomé Roca, presidiu os actos de conmemoración do día da Patroa de Monforte, actos litúrxicos que se celebraron na Igrexa da Régoa, nos que tamén participaron diversos membros da Corporación Municipal
- Tras a celebración da eucaristía, tivo lugar unha procesión coa imaxe da Virxe de Montserrat polo atrio da igrexa, e levouse a cabo a tradicional ofrenda floral que, nesta ocasión, foi reducida e nun espazo acotado, por mor do Covid-19
- Xunto cos Fogos de San Vicente, que terán lugar esta noite ás 12 horas, son estes os únicos dous eventos relacionados coas Festas Patronais de Monforte que se celebran este ano na cidade, Festas que tiveron que ser suspendidas a causa da pandemia do Coronavirus
Na mañá de hoxe, a Corporación Municipal encabezada polo Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou nos actos litúrxicos de honra á Patroa da cidade, a Virxe de Montserrat.
Xunto cos fogos de San Vicente, que terán lugar hoxe a partir das 12 da noite, estas son as dúas únicas actividades relacionadas coas Festas Patronais de Monforte que se levan a cabo este ano por mor do Covid-19. O resto de actividades propias das festas patronais foi suspendido por responsabilidade sanitaria cos veciños e veciñas de Monforte ante o Coronavirus.
Deste xeito, a comitiva oficial encabezada polo Alcalde e formada por diversos membros da Corporación Municipal, así como por representantes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, isto é, Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local, partiu ás 10:40 horas da Praza do Concello, como é tradición, para dirixirse á igrexa da Régoa.
A tradición tamén marca que esta celebración na honra da Patroa de Monforte se celebre na igrexa de San Vicente, pero as obras de restauración que se están levando a cabo nela, fixeron que os actos litúrxicos do 15 de agosto se trasladasen á devandita igrexa da Régoa.
A chegada da comitiva oficial á igrexa da Régoa tivo lugar ás 11 horas; o párroco D. Rafael recibiu ó rexedor municipal e, tras elo, iniciouse a eucaristía na honra da Patroa de Monforte, a Virxe de Montserrat.
Durante a procesión posterior á misa, que tivo lugar no atrio da igrexa, levouse a cabo unha ofrenda floral reducida e acotada, co obxectivo de evitar a concentración de persoas por mor do Covid-19, na que depositaron frores, o Alcalde e a súa esposa, os membros da Corporación Municipal e a Cofraría das Camareiras da Virxe.
Tras a ofrenda e a celebración diante da Virxe de diversos bailes tradicionais ó son da música dos gaiteiros, que tamén foron protagonistas nesta celebración, a imaxe da Virxe voltou ó interior da igrexa, dándose por concluídos os actos litúrxicos na súa honra.
Os Fogos de San Vicente serán os protagonistas hoxe ás 12 da noite, e dende o Concello agárdase que veciños e visitantes poidan disfrutar deles. Neste senso, dado que estos fogos son visibles prácticamente dende calquera punto da cidade, dende o Concello recoméndase, á hora de velos, que se respeten as distancias sociais e se sigan as recomendacións das autoridades sanitarias ante o Coronavirus.
Imaxes: