VII «Descontos na Rúa»

AEVA organiza, en colaboración co Concello de A Rúa, o venres día 10 de xuño, a sétima edición da Campaña de promoción de vendas denominada “DESCONTOS NA RÚA”, para ofrecer aos clientes descontos en mercadoría de temporada, co obxectivo de premiar a fidelidade e ofertar un avance das rebaixas de verán.

Baixo o lema “DESCONTOS NA RÚA»  se desenvolverá acorde co seguinte PROGRAMA:

A actividade se celebrará o venres día 10 de xuño durante toda a xornada, dende a apertura ata o peche, que se retrasa ata as nove da noite.

De novo nesta ocasión, do mesmo xeito que se fixo na pasada a actividade se programa para a xornada habitual de apertura, ampliada en media hora, para tratar de no interferir na actividade hostaleira e dinamizar conxuntamente o espazo comercial e o de ocio.

Os establecementos comerciais participantes ofrecerán mercadoría de temporada a prezos rebaixados.

Os clientes que fagan compras durante a xornada do venres día 10, deixarán o ticket de compra, no que poñerán o seu nome e teléfono de contacto, no propio establecemento, e cada un deles sorteará un vale de compra para cambiar na tenda que entregou o premio.

Os establecementos que participan na campaña pertencen a distintos sectores:
Arnaveca Comunicación (telefonía), Fios e Confecciones Rosendo (téxtil), Agrival (floraría e fitosanitarios),  Deportes Aris (deportes) e Mercería Raquel (mercería e complementos).

 

También te podría gustar...