VII Ciclo de Música de Cámara, Petiscos Músicais, en Allariz
- Na Fundación Vicente Risco
- A Fundación Vicente Risco realiza un gran esforzo para levar a cabo actividades culturais ao longo do ano. Nesta ocasión Petiscos Músicais xa leva 7 anos desenvolvendo concertos de música de cámara con intérpretes de gran calidade. Agradecemos a divulgación do evento
- Mañá sábado, 13 de marzo, ás 20:00 horas terá lugar o primeiro concerto desta temporada
VII Ciclo de Música de Cámara, Petiscos Musicais. O primeiro concerto será Naialma mañá sábado día 13 de marzo ás 20:00 horas na sede da Fundación Vicente Risco en Allariz (Rúa San Lourenzo, 3).
As composicións son de Alberto Vilas, Naialma representa un traballo que o define como
íntimo e persoal» con temas que «foron crecendo dentro ao longo do tempo.
Ciclo
No ano 2015 Fundación Vicente Risco encetou unha nova actividade da mán da profesora de piano Cristina Vázquez Canal. Estamos a falar dos Petiscos Músicais, un ciclo anual de catro concertos (un por cada estación do ano) que tivo unha gran acollida entre os amantes da música de cámara. Motivo que nos animou a programar unha nova tempada, da que achegamos avance de programa.
Lembran que a a capacidade da sala do piano é de trinta e cinco (35) persoas, pero pola normativa COVID-19 este ano o aforo será de 15 persoas, polo que a inscripción será por rigorosa solicitude e pago do correspondente abono na conta da Fundación Vicente Risco.
Doazón
A doazón mínima para o abono dos catro concertos é de 40,00€. Conforme á Lei do Mecenado os beneficios da exención fiscal no caso de empresas é o 35% e nos particulares o 25%.
Lembran que co fin de dar uso ao piano, e con independenza de que se poidan organizar outros concertos puntuais, valoran a posibilidade de que alumnos de piano que desexen practicar acompañados do seu profesor, poderán usar o piano. Aquelas persoas que colaboren cunha doazón poderán propor un alumno, aínda que non queiran adquirir os bonos para os concertos.