«Viana no Camiño»

O alumnado de 5º e 6º do CEIP Bibei de Viana do Bolo rematou esta semana as últimas 2 etapas do Camiño de Santiago iniciado en Ourense a principios de ano.

 

Máis de 100 km repartidos en 6 etapas dun camiño cheo de vivenzas únicas, como as pernoctas en albergues, picnics na natureza, visitas a mosteiros, igrexas e pobos do camiño, intercambios con peregrinos/as de outras partes do mundo…

 

Unha experiencia moi enriquecedora a nivel persoal que, sen dúbida, os/as nosos/as peregrinos/as nunca olvidarán

 

 

O Proxecto do CEIP, chamado «Viana no Camiño», foi promovido polos departamentos de Educación Física e Relixión en colaboración coas titoras de 5º e 6º.

Imaxes:

 

También te podría gustar...