Viana escomenza o programa do Día das Letras con acitivades infantiles, teatro, recitais poéticos e un concerto do cantautor Emilio Rúa

  • O Concello obsequiará aos centros escolares con obras de Manuel María para fomentar a leitura deste autor ó que se lle adica este día tan especial

Concello de Viana inicia a celebración do Día das Letras Galegas cun programa de actividades que extenderase ata o 20 de maio. Así, a  ás 16.00 horas haberá unha actividade infantil  na Casa da Cultura, “O Poeta do Miño, unha homenaxe a Manuel María”.

O xoves, ás 13,00 horas, no Instituto de Educación Secundaria Carlos Casares, desenvolverase unha representación teatral en homenaxe a Manuel María por parte do alumnado do citado centro que está aberta a todos os veciños.

Instituto de Viana donde habrá una obra de teatro

Instituto de Viana donde habrá una obra de teatro

 

O domingo, 15 de maio, ás 21,00 horas,  a Casa da Cultura acollerá un recital do cantautor galego Emilio Rúa en homenaxe a Manuel María.

E o día propio das Letras, o 17 de maio, actuarán os grupos de pandereteiras das asociación culturais  Candea e Abaneo.

Para cerrar o programa, o venres 20 de maio, haberá un recital poético e unha exposición da vida e obra de Manuel María por parte do alumnado do CEIP Bibei de Viana do Bolo, unha actividade que está aberta o público.

O Concello de Viana obsequiará aos centros escolares con obras do autor.

Cartel concierto Emilio Rúa

Cartel concierto Emilio Rúa

 

También te podría gustar...