Viana celebra o Día da Muller “Contando en Feminino”
- O Concello de Viana do Bolo celebra o Día Internacional da Muller “Contando en Feminino”
- A cita cos contos e coa igualdade será mañná luns 14, na Casa da Cultura do Concello de Viana do Bolo, ás 16:00 horas
O Concello de Viana do Bolo e o Cim Viana organizan unha serie de actos ao longo deste mes de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller, entre os que está Contando en feminino. Serán historias para ir concienciando ao público infantil, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.