Viana axuda a definir as Directrices da Paisaxe de Galicia

  • Participa nos obradoiros “50 comarcas paisaxísticas, 50 talleres participativos”

Viana paisaxe_Página_1

 

Viana acolleu a presentación dos obradoiros “50 comarcas paisaxísticas, 50 talleres participativos”.  O Instituto de Estudos do Territorio, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, está desenvolver as Directrices Paisaxe de Galicia despois de facer un Catálogo das Paisaxes de Galiza contando ca participación cidadá .

Este programa xurdiu da aposta da Xunta de Galicia pola participación pública na toma de decisión sobre a xestión e planificación da paisaxe, aspecto de importancia recoñecida xa no Convenio Europeo da Paisaxe.

Con este programa de participación cidadá preténdeuse recoller o coñecemento local xa que a paisaxe ninguén a coñece tan ben como as persoas que viven nela,  pois os vecinos teñen moito que dicir nesta materia.

. Baseándose no Catálogo de Paisaxes de Galicia, corresponde elaborar nesta segunda fase as determinacións e obxectivos de calidade paisaxística, criterios e accións, que conformarán as Directrices da Paisaxe.  Este proceso debe recoller as inquedanzas e aspiracións da cidadanía en canto á valoración e grao de compromiso da colectividade na protección das nosas paisaxes.

Viana  acolleu este programa e nos últimos días o fixeron outras localidades galegas e ourensáns como Ribadavia e Allariz, entre outras.

También te podría gustar...