VI edición da Campaña «Descontos na Rúa»

  • O venres día 11 de xuño

 

AEVA organiza, en colaboración co Concello de A Rúa, o venres día 11 de xuño, a sexta edición da Campaña de promoción de vendas denominada “DESCONTOS NA RÚA”, para ofrecer aos clientes descontos de ata o 60%, co obxectivo de premiar a fidelidade e ofertar un avance das rebaixas de verán.

AEVA organiza, en colaboración co Concello de A Rúa, o venres día 11 de xuño, a sexta edición da Campaña de promoción de vendas denominada “DESCONTOS NA RÚA”, para ofrecer aos clientes descontos de ata o 60%, co obxectivo de premiar a fidelidade e ofertar un avance das rebaixas de verán.

  • A actividade se celebrará o venres día 11 de xuño durante toda a xornada, dende a apertura ata o peche, que se retrasa ata as nove da noite.
    A diferenza doutras edicións, nas que se facían as promocións entre oito a doce da noite, nesta ocasión se preferiu programalas para a xornada habitual de apertura, ampliada en media hora, para non interferir na actividade dos negocios de hostalaría que teñen restricións no horario de peche.
  • Os establecementos comerciais participantes ofrecerán mercadoría a prezos moi rebaixados, de ata o 60% nalgúns casos, e levarán unha decoración que os identifique.
  • Os clientes que fagan compras durante a xornada do venres día 11, deixarán o ticket de compra, no que poñerán o seu nome e teléfono de contacto, no propio establecemento, e cada un deles sorteará un vale de compra para cambiar na tenda que entregou o premio.
  • Os establecementos que participan na campaña pertencen a distintos sectores: Arnaveca Comunicación (telefonía), Muebles de la Fuente e Resto Colchón (móbeis e complementos de fogar), Fios e Confecciones Rosendo (téxtil), Agrival (floraría e fitosanitarios), Perfumería Compostela (droguería e beleza), Deportes Aris (deportes) e Mercería Raquel (mercería e complementos).

También te podría gustar...