Verán 2022: Actividades de Conciliación en Viana do Bolo
- Apertura do prazo de inscrición para as Actividades de Conciliación deste verán 2022 en Viana do Bolo
Neste ano 2022 a Ludoteca e Campamento virán cargados de novidades e melloras co fin de lograr unha conciliación máis efectiva para as familias:
1. Aumento do número de horas da Ludoteca de Verán (de 10 a 14 h)
2. Aumento do número de días de duración da Ludoteca e Campamento (do 11 de xullo ao 19 de agosto)
3. Aumento do número de prazas ofertadas (50 nenos/as)
4. Aumento do rango de idade dos/as participantes (a Ludoteca ofertará prazas a partir de 3 anos).
INSCRICIÓNS
Para inscribirse é necesario cumplimentar, asinar a «Solicitude de inscrición» para cada unha das actividades (Ludoteca e Campamento) e a «Autorización de tratamento de datos persoais»
A documentación deberá presentarse no Rexistro do Concello de Viana do Bolo de forma presencial ou telemática.
PRAZOS DE INSCRICIÓN
Os prazos de inscrición son os seguintes:
Ludoteca: do 13 ao 28 de xuño
Campamento: do 13 de xuño ao 15 de xullo
As actividades serán totalmente de balde para as familias e estarán financiadas pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e o Concello de Viana do Bolo.»
- Para máis información contactar co CIM: 988 32 92 60 ou cimviana@gmail.com