Vázquez Abad asiste en Ourense a un acto con motivo do ‘Día mundial das vítimas e afectados por sinistros de tráfico’
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu onte en Ourense a un acto con motivo do ‘Día Mundial das Vítimas e Afectados por Sinistros de Tráfico’.
O encontro, organizado pola Asociación de Mobilidade e Prevención de Accidentes de Tráfico P(A)T Galiza e que tivo lugar no centro educativo María Auxiliadora-Salesianos, configurouse como un espazo de debate sobre os accidentes de tráfico e as súas consecuencias, así como a necesidade de concienciar aos máis xoves sobre a súa prevención. Nel participaron representantes de distintos colectivos (vítimas e familiares, bombeiros, médicos e garda civil). Ademais, no acto os alumnos do centro rendéronlle unha homenaxe en forma de ofrenda floral ás vítimas de accidentes de tráfico