«Valdeorras, Unha comarca de cine. Dúas miradas, unha conversa»

 

A comarca de Valdeorras foi e é plató de rodaxe para moitas filmacións e berce de cineastas. Esta conversa entre Manolo González e Domingo D Docampo permitiranos indagar nos motivos que quizais poidan explicar estes feitos.

Durante a conversa, faremos un repaso á vinculación da comarca co cine, ás películas que alí se realizaron e aos cineastas que xurdiron.

Manolo González é unha institución no audiovisual galego. Promotor de múltiples iniciativas, foi fundador da Escola de Imaxe e Son da Coruña e impulsor de innumerables proxectos vencellados co cine e a educación.

Domingo D Docampo é director e produtor de documentais.

Manolo é da Rúa de Valdeorras e Domingo de Petín, dous lugares separados unicamente polo río Sil e unidos por dúas pontes. Comparten, ademais, ter participado en varias das producións que se realizaron en Valdeorras.

También te podría gustar...