“Valdeorras, un saber facer único” é o slogan que renova a imaxe da Denominación de Orixe para a promoción do seus viños
- Activarase o luns nas sete cidades de Galicia e será a imaxe de referencia da Denominación de Orixen en cartelería e páxina web
O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, Francisco García, presentou a nova imaxe gráfica dunha campaña promocional dos viños de Valdeorras que se activará, durante un mes, nas principais cidades galegas (en carteis e autobuses urbáns): A Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense. Ademáis, durante esta fin de semana proxectarase en Santiago un vídeo en pantallas publicitarias sobre os viños de Valdeorras.
A campaña, denominada leva como slogan “Valdeorras. Un saber facer único”, foi realizada por Atelier, Gráfica Visual e fai fincapé “no saber facer dos profesionais do viño de Valdeorras. Unha forma de elaborar que se traduce no excelente produto que supoñen os nosos brancos e tintos”, afirmou García.
A nova gráfica será a imaxe de referencia da Denominación de Orixe Valdeorras en cartelería, papelería e páxina web, segundo dixo Francisco García, quen resaltou que “nesta Denominación non renunciamos a unha forma de facer que recolle o legado dos nosos antepasados, un saber facer único que supón que os nosos viños se sitúen como os terceiros mellor valorados de España, por detrás dos de Priorat e Jerez na Guía Peñín; e que os viños xóvenes de Valdeorras encabecen o ránking dos mellores de España para os expertos desta mesma publicación especializada.
Pola súa banda, Jorge Isla, en nome de Atelier, dixo que a gráfica da campaña escapou do convencional, de fotografías de paisaxes, e “fixemos algo diferente, é unha ilustración a partir de elementos ligados ao eido do viño, pero cun tinte fantástico. Pretende causar un efecto sorpresa a través da asociación visual de dúas imaxes que asocian libremente conceptos ligados e á vez contrapostos. Trátase de ilustracións con obxectos únicos e imaxinarios, a modo de greguería gráfica”.
Engadiu que o obxecto resultante é un abridor (sacacorchos) moi antigo que vaise transformando en follas de vide na súa parte inferior para convertirse nun obxecto único como único é o noso saber facer”, detallou Isla.
Jorge Isla explicou que a gráfica se apoia sobre papel para mostrar un aspecto antigo, casi rancio, impregnado polo paso do tempo imprimindo así un carácter tradicional e símbolo dunha actividade milenaria como é o viño e, neste caso, cunha clara marca romana.
Ademais, deu a coñecer que a imaxe pode ir mudando nos próximos meses tal e como posibilitan as greguerías como se fose un xogo de imaxes. “Poderíamos ir variando o sacacorchos, a vide u outros elementos mantendo sempre o estilo, fodo e o slogan. Incluso se pode crear unha imaxe distinta para cada evento”.
A estrea da campaña promocional contou ca presencia de vocais do Consello Regulador como Carlos Aristegui Diéguez, Evaristo García Canelas (Unións Agrarias) e Domingo Fidalgo (Xóvenes Agricultores), entre outros, e o alcalde de Vilamartín (municipio no que está emprazado o Consello), Enrique Álvarez Barreiro.
Ademáis, dous operarios escomenzaron a colocar a nova campaña gráfica no panel situado frente o edificio do Consello Regulador.