“Valdeorras en negro”: camisetas e carteis en sinal de repulsa contra a violencia machista en A Rúa, Petín, Vilamartín e O Barco

  • Do 21 ó 27 de noviembre a campaña se fará visible en comercios, restaurantes, administracións públicas, centros escolares e sanitarios

 

O próximo 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Os concellos de A Rúa, Vilamartín, Petín e O Barco farán visible a data baixo o lema “Valdeorras en negro”.  Os comercios, os establecementos hostaleiros, administracións públicas, docentes e persoal sanitario exhibirán do 21 ó 27 de novembro as camisetas de “Valdeorras en negro” como sinal de repulsa da violencia machista.

O 25 de novembro haberá unha concentración de repulsa, as 12 do mediodía, na praza dos citados concellos ca lectura dun manifesto para conmemorar así o Día Internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres.

  O Concello de A Rúa, que preside María González Albert, manifestou públicamente, a través das redes sociais,  que “quérese involucrar na reivindicación dunha causa que non é cousa dun día, senón dos 365 do ano”.

Argumenta que o Día internacional pola erradicación da violencia contra as mulleres é unha data importante porque visibiliza o que ten que ser un traballo constante de toda a sociedade a prol da igualdade e pola erradicación de todo tipo de violencia contra as mulleres”.

concello do barco cartel dia violencia xenero 10-16

 

También te podría gustar...