Uxía convida á xente miúda a festexar o Nadal cantando no Barco
A coñecida Uxía convida as familias e á súa xente miúda a subir no tren da música para festexar o Nadal cantando e bailando en galego. Nun concerto exclusivo de Nadal en Rede está a percorrer 14 localidades galegas acompañada de Santi Cribeiro e de Sérgio Tannus, da súa famosa María Fumaça e dun amplo e divertido repertorio no que combina as pezas do Xiqui xoque, fiú fiú con panxoliñas e con outras músicas tradicionais propias deste tempo.
A citá será mañán sábado 27 no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, ás 20:00h.