Unha xornada técnica informa das liñas de axuda ás empresas
- Está organizada por AEVA e acudirán representantes dá Xunta
O salón de actos do Edificio Multiusos de O Barco será sede hoxe, xoves, a partir das 19:00 horas, dunha xornada informativa sobre as “Axudas para as PEMES galegas da Consellería de Economía, Emprego e Industria 2016”.
Esta xornada está organizada pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a citada Consellería.
O programa comenza ás 19:00 horas ca inauguración do mesmo por parte de Javier Rodríguez Paradelo , presidente de AEVA, e Marisol Díaz Mouteira , delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense
Ás 19:20 horas abordaranse as “Liñas de apoio ó emprego as PEMES galegas”, das que falará Covadonga Toca Carús , secretaria Xeral de Emprego .
Posteriormente, ás 19.40 horas, exporanse as “Liñas de axuda ó comercio”, neste caso por parte de Sol Vázquez Abeal, directora xeral de Comercio.
Finalmente, as 20:00 será o turno para as “Liñas de apoio para as PEMES galegas e outras axudas”, das que falará Curro López Martínez, subdirector de Informacióndo Igape
As 20:30 horas pechará a xornada Francisco Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria.
Para participar na xornada técnica é necesario formalizar a inscripción en AEVA.