Unha roulotte vintage promociona o xeodestino Manzaneda–Trevinca–Valdeorras

  • Por catro cidades galegas
  • Onte comezou en Ourense a campaña “Road Show”, prevista no Plan de promoción deste xeodestino, que dará a coñecer o territorio e fomentará o tráfico das redes sociais a través de sorteos
  • O presidente do Inorde, o delegado territorial da Xunta e alcaldes dos concellos que integran este xeodestino, visitaron onte este vehículo promocional que estará situado ao longo de todo o día, na rúa Paseo de Ourense

Inicio da actividade de promoción do Xeodestino Manzaneda-Trevinca en Ourense. Aisiste Rosendo Fernandez, Gabriel Alen Castro e tódolos alcades dos concellos do Xeodestino.

 

Unha roulotte vintage promocionará o xeodestino Manzaneda – Trevinca – Valdeorras por catro cidades galegas. O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e alcaldes dos municipios que integran este xeodestino, visitaron este vehículo promocional, na rúa Paseo da cidade ourensá, para dar o pistoletazo de saída a este campaña “Road Show”.

O vehículo, previsto no Plan de promoción deste xeodestino, estará ubicado en catro cidades galegas para dar a coñecer as potencialidades turísticas deste territorio e fomentar o tráfico nas redes sociais a través de sorteos. Esta iniciativa, organizada polo xeodestino e o Inorde, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, pretende difundir e promocionar esta zona ourensá. Para lograr unha maior interactuación coa xente realizaranse degustacións en momentos puntuais para enxalzar tamén os produtos enogastronómicos deste territorio.

Paralelamente, para lograr esa interacción co público a través das redes sociais do xeodestino levaranse a cabo sorteos de estancias entre aquelas persoas que suban e etiqueten nas súas redes sociais ao Xeodestino.

 

O itinerario desta roulotte vintage comezou onte en Ourense onde estará para dar a coñecer este xeodestino entre o público final e os potenciais consumidores da oferta turística deste territorio. Mañá sábado, 4 de decembro, trasladarase ata a cidade olívica para promocionar entre os vigueses e os turistas que agora se atopan na cidade visitando as luces do Nadal, os recursos naturais, patrimoniais e enogastronómicos deste xeodestino. O domingo, 5 de decembro a roulotteestará na Coruña e ao día seguinte, o 6 de decembro, na capital galega, en Santiago de Compostela, coincidindo coa festividade da Constitución.

Este xeodestino está integrado polos seguintes municipios: A Pobra de Trives, A Veiga, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras, A Rúa e Carballeda de Valdeorras. 

 

También te podría gustar...