Unha rede de miradoiros con ‘Q’ de Calidade

  • A Rede de Miradoiros de Sober recibe a ‘Q’ de Calidade na categoría de espazo público singular
  • Tan só 5 espazos públicos a nivel estatal contan con esta distinción a día de hoxe que outorga o Instituto para la Calidad Turística de España

 

A Rede de Miradoiros de Sober, formada por 10 miradoiros sobre o Canón do Sil, vén de recibir a ‘Q’ de calidade que outorga o Instituto para la  Calidad Turística de España (ICTE) na categoría de Espazo Público Singular. Tan só 5 espazos públicos a nivel estatal contan con esta distinción a día de hoxe.

Turismo de Galicia asinou a principios de ano un acordo co Instituto para la Calidad Turística Española  coa finalidade de conseguir implantar a ‘Q’ de calidade en Espazos Públicos Singulares da Ribeira Sacra e Rías Baixas.

 

O principal obxectivo do departamento autonómico era o de ofrecer un valor engadido, un incentivo máis desas áreas abertas. Desde Turismo de Galicia mantivéronse reunións a principios de ano en Monforte e Pontevedra con responsables municipais para informar e poñerse a disposición dos Concellos para tramitar a solicitude da distinción de calidade.

 

Turismo de Galicia propuxo as Comarcas da Ribeira Sacra e Rías Baixas como comarcas piloto. Pedíuselle aos concellos que remitisen as súas propostas para facer unha selección final para poder tramitar ante o ICTE o recoñecemento da ‘Q’ de calidade como elemento turístico singular.

Na Ribeira Sacra só o Concello de Sober obtivo o recoñecemento logo da tramitación e despois de aprobar as correspondentes auditorías.

 

A distinción obtívose tras avaliar a calidade do conxunto, o sistema de xestión o equipamento e servizos que se prestan.

También te podría gustar...