Unha pota esquecida ao lume provoca un incendio no interior dunha vivenda do Barco
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron ao Hospital do Barco a unha muller que sufriu unha intoxicación tras inhalar o fume provocado por unha pota ardendo na cociña.
Os bombeiros do parque comarcal do Barco, alertados polo CAE 112, acudiron ao número 25 da Rúa Elena Quiroga a sufocar o lume, que só afectou á ola e ao que contiña no interior. Os efectivos do servizo de extinción consideran que o lume se produciu por una despiste da señora.
Un veciño, que viu saír fume por debaixo da porta da vivenda, alertou ao persoal do 112 Galicia arredor das 10:00 horas de hoxe. El mesmo confirmou que no interior do piso había unha muller, que, pese a chamar insistentemente, non abría a porta. Así, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención de Urxencias Médicas, que trasladou á afectada ao Hospital do Barco. O dispositivo de emerxencias activado polo 112 Galicia se completou coa colaboración dos membros do GES de Valdeorras.