Unha persoa foi excarcerada tras colidir o seu turismo cunha furgoneta en Toén
Dous vehículos –un turismo e unha furgoneta- colidiron en Toén, Ourense, na parroquia de Mugares, e o ocupante do turismo quedou atrapado por unha perna, segundo informaron os efectivos de Protección Civil de Toén. Foi necesaria a intervención dos GES de Ribadavia para excarcerar ao ferido, que logo foi evacuado polos servizos sanitarios de urxencia ao centro hospitalario de referencia.
Un particular alertou ao CAE 112 Galicia do accidente pasados uns minutos das 19:30 horas de onte e solicitouse a intervención, ademais, da Garda Civil de Tráfico, de Urxencias Médicas, dos Bombeiros de Ourense e de Protección Civil de Barbadás.