Unha ambulancia mais de soporte vital básico desde xullo para Ourense
- SERGAS dotará a Ourense cunha ambulancia mais de soporte vital básico desde xullo
- O Sergas inviste 2.8 millóns de euros na mellora do transporte sanitario urxente de Galicia, con mais ambulancias e mais horas de servizo
- Suporá o incremento de cinco ambulancias en Ourense, A Coruña, Rianxo, Vilagarcía e Tomiño ademais do incremento horario das de Marín, Baiona e Vigo
Ourense contará desde os próximos días cunha ambulancia mais de soporte vital básico, que entrará en servizo no mes de xullo, grazas a unha iniciativa do Servizo Galego de Saúde, de mellora e reforzo do transporte sanitario urxente de Galicia, á que destinará 2,8 millóns de euros para o período 2016-2019.
Esta medida permitirá ampliar o número de vehículos, e incrementar o horario de prestación do servizo, en concreto, estas melloras suporán o incremento de cinco ambulancias asistenciais de soporte vital básico de 12 horas nas cidades de Ourense e A Coruña, así como en Rianxo, Vilagarcía e Tomiño, e súas áreas de influenza, ademais do incremento do horario de servizo das ambulancias asistenciais de soporte vital básico de Marín, Baiona e Vigo.
Deste xeito, a ambulancia de Baiona funcionará, durante os meses de xullo e agosto, as 24 horas todos os días da semana, para atender o incremento da poboación nesta época do ano. Ata o de agora estaba de luns a xoves 12 horas e as 24 horas a fin de semana. Tamén en Marín, a ambulancia aumenta seu horario, durante todo o ano, en catro horas máis, pasando de 10.00 a 22.00 h., a atender desde as 7.00 ás 23.00 h.
En Vigo, o horario actual de 12 horas das tres ambulancias en funcionamento, de 10.00 á 22.00, incrementarase en dúas horas máis, adiantándose o servizo de xeito escalonado, comezando unha as sete da mañá, outra as oito e a terceira ás nove. Ademais, a cidade contra con outras tres ambulancias de soporte vital básico operativas as 24 horas do día os 365 días do ano.
As melloras permitirán o incremento da cobertura asistencial do transporte sanitario urxente terrestre, na totalidade do territorio galego, con menores tempos de resposta ante unha emerxencia sanitaria e aumento do índice de ocupación dos recursos, garantindo as condicións de acceso a este servizo cun criterio de igualdade, accesibilidade e equidade de toda a poboación de Galicia, incrementándose o tempo de presenza activa.