Un domingo con Florencio
- As Letras de Florencio presenta unha antoloxía poética para achegar a obra do autor valdeorrés a todos os públicos
- A presentación é o próximo domingo 27 de marzo en Vilamartín de Valdeorras e estará precedida dun roteiro arqueolóxico pola vila guiado por José Fernández
O próximo domingo 27 de marzo preséntase en Vilamartín de Valdeorras o libro «Florencio Delgado Gurriarán. Unha antoloxía poética». A obra, de Editorial Galaxia, é unha selección de poemas realizada por Margarida Pizcueta e Débora Álvarez, impulsoras do proxecto As Letras de Florencio, e que inclúe un prólogo de Víctor Freixanes, Presidente da Real Academia Galega. Esta nova antoloxía foi concebida para achegar a obra de Florencio a todos os públicos, incluindo a súa faceta de tradutor, e na súa presentación estarán tamén Francisco Castro, director da Editorial Galaxia, e Aurelio Blanco Trincado, presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses.
A presentación do libro será ás 12.30 no centro Social Santa Lucía e previamente farase un roteiro arqueolóxico por algúns dos vestixios históricos que se atopan nos arredores de Vilamartín. Guiado por José Fernández, presidente da Sección de Arqueoloxía do IEV, o roteiro partirá as 11.00 da mañá do CEIP Manuel Folla Respino dende onde se camiñará ata os restos dunha explotación aurífera de época romana que se atopa en Valdegodos e despois ata os petroglifos do Bosque.
Programa
11.00 Saída do CEIP X. M. Folla Respino. Roteiro arqueolóxico guiado por José Fernández Pérez
12.30 Presentación da antoloxía poética no Centro Social Santa Lucía. Coa presencia de:
- Margarida Pizcueta, Concelleira de Cultura do Barco de Valdeorras e co-autora da antoloxía
- Débora Álvarez, coordinadora do proxecto As Letras de Florencio e co-autora da antoloxía
- Víctor Freixanes, Presidente da Real Academia Galega
- Aurelio Blanco Trincado, Presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses
- Francisco Castro, Director de Editorial Galaxia