”Un antes e un despois para a zona da Lagoa de Covas na Pinguela»

  • O Alcalde e o presidente da C.H. Miño-Sil inauguran as obras de mellora da Lagoa de Covas, na Pinguela
  • José Tomé Roca, acompañado polo Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, inaugurou na mañá de hoxe as obras dun “proxecto de mellora que sen dúbida supón un antes e un despois para a zona da Lagoa de Covas na Pinguela, que estaba completamente degradada, e que agora ponse en valor”, destacou o Alcalde
  • Con esta mellora, completase unha ampla zona de recreo de preto de 3 hectáreas (30.000 m2) e ademais do acondicionamento da lagoa da Pinguela, tamén se levou a cabo a construción dun paseo que conforma un circuíto ó seu arredor e a instalación dunha nova presa desmontable. “Esta necesidade xurdiu en 2016”, explicou o Alcalde, “cando unha riada levou por diante a presa que había”
  • O Alcalde agradeceu o investimento levado a cabo pola Confederación Hidrográfica que foi de 612.000 euros de execución de obra, “o que lle quero agradecer expresamente ó seu Presidente, pois este esforzo que fixo en Monforte o organismo de conca cambiou totalmente a faz que tiña esta lagoa e esta zona”
  • “Ligando as dúas actuacións que está a facer o Concello no Parque de Covas, coa lagoa e a presa que a Confederación Hidrográfica ven de arranxar, obras que hoxe damos por rematadas, fan un entorno único dunha zona degradada, que era esta zona de Covas-Pinguela”
  • O Presidente da C.H. Miño-Sil salientou que “con esta actuación, que se engade a outras acometidas polo Concello e pola Deputación de Lugo, consolidamos unha zona marxinada e poñémola dentro da dinámica urbana, á vez que levamos a cabo a mellora da conectividade do río e sen dúbida unha acción medioambiental de enorme importancia. En definitiva, é unha mellora que non so beneficia ós veciños de Monforte senón tamén de toda a comarca”

 

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, inaugurou na mañá de hoxe as obras que se levaron a cabo para o acondicionamento e mellora da Lagoa do Parque de Cobas, que supoñen, unha vez finalizadas, ”un antes e un despois para a zona da Lagoa de Covas na Pinguela, que estaba completamente degradada, e que agora ponse en valor”, salientou o Alcalde.

Con esta mellora, completarase unha ampla zona de recreo de preto de 3 hectáreas (30.000 m2) e ademais do acondicionamento da lagoa da Pinguela, tamén se levou a cabo a construción dun paseo que conforma un circuíto ó seu arredor e a instalación dunha nova presa desmontable. “Esta necesidade xurdiu en 2016”, explicou o Alcalde, “cando unha riada levou por diante a presa que había”.  

O Alcalde agradeceu o investimento levado a cabo pola Confederación Hidrográfica que foi de 612.000 euros de execución de obra, “o que lle quero agradecer expresamente ó seu Presidente, pois este esforzo que fixo en Monforte o organismo de conca  cambiou totalmente a faz que tiña esta lagoa e esta zona”.

“Ligando as dúas actuacións que está a facer o Concello no Parque de Covas, coa lagoa e a presa que a Confederación Hidrográfica ven de arranxar, obras que hoxe damos por rematadas, fan un entorno único dunha zona degradada, que era esta zona de Covas-Pinguela”.

Pola súa banda, o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil salientou  que “con esta actuación, que se engade a outras acometidas polo Concello e pola Deputación de Lugo, consolidamos unha zona marxinada e poñémola dentro da dinámica urbana, á vez que levamos a cabo a mellora da conectividade do río e sen dúbida unha acción medioambiental de enorme importancia. En definitiva, é unha mellora que non so beneficia ós veciños de Monforte senón tamén de toda a comarca”

Actuacións de mellora na área da Pinguela

As obras que se desenvolveron consistiron en:

1.- Desbroce selectivo: Acondicionamento ambiental do entorno da Lagoa do Parque de Cobas e tamén do cauce do río Cabe. Por este motivo, realizouse un desbroce selectivo mediante a eliminación das especies invasivas ou que poidan ser foráneas ou alóctonas, e procedeuse a plantar especies propias da ribeira do río.

2.- Estabilización do cauce do río Cabe: Para a estabilización do cauce do río Cabe proxectouse unha solución de bioinxeniería, mediante unha empalizada de troncos, a cal garante a estabilización do talud á vez que protexe aquelas marxes do río que son máis susceptibles de ser erosionadas en épocas de avenidas ou de fortes choivas.

3.- Acondicionamento do sendeiro peonil arredor da lagoa: Arredor da lagoa, existía un pequeno sendeiro que era intransitable, o cal foi acondicionado e mellorouse o seu firme colocando chantos de pizarra no terreo existente, de forma que o sendeiro queda delimitado sen chegar a influír no ambiente da lagoa.

4.- Pasarela sobre o canal da lagoa: Na parte final do actual sendeiro, polo que non se podía transitar, proxectouse a construción dunha pasarela de madeira atravesando o canal de entrada á lagoa, e desta forma conseguiuse que a senda que se mellorou poidese trazar un percorrido circular arredor da lagoa, conectando cos viais que había xa na zona que se axardinou.

5.- Demolición do AZUD existente: En cumprimento da normativa europea, os cauces dos ríos teñen que ter garantida a conexión lonxitudinal do seu cauce, e polo tanto, o que se executou foi a demolición completa dos restos da presa que quedaba no cauce do río, provocada pola erosión que produciron as choivas do ano 2016.

Así, acondicionouse ese cauce cun muro de protección contra a erosión, para poder controlar os efectos que puidera ter o río Cabe neste brazo do río, que tan solo transportaría auga no caso de riadas ou aumentos de caudal.

6.- Retirada selectiva dos depósitos de materia orgánica do cauce do río: Isto consistiu na retirada de acarreos de materia orgánica depositados ó longo do río Cabe polas correntes que foron depositando ó longo dos anos e tamén se levou a cabo a retirada dos mesmos do canal de entrada á lagoa, xa que no momento de execución destas obras encontrábase cheo de sedimentos e vexetación.

7.- Construción dun AZUD desmontable: Para substituír a vella presa, cuxos restos foron retiradosr para darlle continuidade ó cauce do río, construíuse un AZUD desmontable que permite dar esa continuidade lonxitudinal ó cauce natural do río Cabe e, ó mesmo tempo, mellora a recarga subterránea da auga da lagoa, creando unha lámina de auga semellante á que consigue crear a presa do Parque dos Condes.

En época de estiaxe, a lagoa é máis sensible ás variacións que poida haber no rio Cabe, xa que, debido ós caudais é mais difícil a recarga superficial da mesma a través do canal de entrada na lagoa.

En previsión de fortes tormentas ou de fortes choivas, habería que desmontar o AZUD para facilitar o paso da auga e evitar danos na medida do posible.

8.- Construción dunha escala de peixes: Tamén se incluíu a construción dunha escala de peixes de madeira para garantir a permeabilidade lonxitudinal da fauna piscícola ó longo do río e que o AZUD non supoña un obstáculo para a diversidade da zona.

A escala de peixes construíuse en madeira tratada en autoclave para evitar a súa putrefacción e seguindo a normativa vixente de vigas artesás para ríos.

 

También te podría gustar...