Turismo presenta a súa experiencia de promoción nas primeiras xornadas de viaxes e comunicación, ‘Ecom Travelblog 14’
Turismo de Galicia participou esta tarde na primeira xornada do evento ‘Ecom Travelblog 14’, que entre hoxe e mañá reunirá na cidade de A Coruña a representantes das empresas relacionadas co turismo e as viaxes máis senlleiras do momento para debater sobre comunicación turística.
Esta tarde, un representante da Dirección de Promoción de Turismo de Galicia presentou a experiencia do departamento da Xunta encargado de promover o turismo galego no eido da comunicación dentro da mesa redonda ‘A dificultade de crear unha marca turística’, na que tamén participaron un representante do grupo de empresas Nexo e dous expertos na comercialización de negocios turísticos.
Neste foro de viaxes e comunicación, Turismo de Galicia fixo un repaso polas principais campañas de promoción turística de Galicia e o xeito de presentar e difundir os valores turísticos da comunidade galega, facendo referencia aos atributos que constitúen a marca turística Galicia.
Na mesa redonda explicouse tamén á estrutura de Turismo de Galicia e o cometido de cada departamento na ordenación e promoción turística de Galicia e do Camiño de Santiago.