Turismo, deporte e natureza, unidos na proba “BTT do Peixe”, en Bande

Presentación da II BTT do Peixe

 

Turismo, deporte e natureza, unidos na proba “BTT do Peixe”, en Bande.

A segunda edición da “BTT do Peixe” no municipio de Bande celebrarase o día 13 de setembro, tras o éxito acadado na súa primeira edición. O Pazo Pronvicial acolleu onte á mañá a presentación desta competición ciclista que contou coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o deputado de deportes, Juan Anta; a teniente de alcalde de Bande, Sandra Quintas; e o coordinador e director da proba, David Sánchez.

A Deputación de Ourense colabora con este evento deportivo “para afianzar e impulsar a parte rural, a economía rural e os concellos de Ourense en xeral” afirmou Rosendo Fernández.

A teniente de alcalde de Bande destacou que este tipo de evento é “beneficioso para o noso concello porque incrementa o consumo na hostalería do municipio e, á vez promociona a nosa riqueza paisaxística e o patrimonio cultural e artístico de Bande”. De feito, a ruta da BTT do peixe discorre por puntos estratéxicos do municipio como o campamento Aquis Querquennis e parte da ruta é compartida co camiño de San Rosendo.

A ruta ten tres variantes dende 33 a 44 quilómetros “para intentar que sexa accesible a ciclistas de tódolos niveis, tanto técnicos como físicos, para a maior participación e disfrute posible”, asegurou David Sánchez. A saída terá lugar o domingo ás 9.15 horas na praza do concello. Segundo os organizadores, prevese nesta edición a participación de máis de cen ciclistas, e os interesados en participar poderán facelo ata o mércores na páxina “www.bandebtt.es”.

Pola súa banda, Juan Anta, destacou a importancia deste tipo de eventos porque “deporte e turismo deben ir da man, sobre todo, en zonas rurais onde temos tanto que ensinar e que moitas veces é descoñecida” e engadiu, “a Deputación de Ourense cree niso e por iso apoiamos firmemente eventos que serán un absoluto éxito”.

O prezo da inscrición é de 10 euros e inclúe chip de cronometraxe, avituallamento, obsequios ás 180 primeiras inscricións, entre outros servizos.

También te podría gustar...