Turismo de Galicia aposta pola consolidación do mercado ruso cunha dobre acción de promoción no territorio galego

La Xunta promueve el turismo de naturaleza gallego en la feria INTUR de Valladolid

 

Unha dobre viaxe de familiarización para operadores turísticos e xornalistas especializados que se desenvolverá entre hoxe e o día 21 de xuño consolida a presenza de Turismo de Galicia no mercado turístico ruso, logo de que nos últimos anos o organismo da Xunta encargado da promoción turística da Comunidade galega desenvolvese un conxunto de accións para difundir a oferta galega neste emisor emerxente.

Deste xeito, un conxunto de nove operadores turísticos rusos pertencentes á Organización de Turoperadores de Rusia, ATOR, e catro xornalistas especializados comezan hoxe dúas viaxes por Galicia nas que manterán unha reunión de traballo cos principais empresarios galegos do sector turístico e coñecerán boa parte da oferta turística e o destino Galicia.

Estas viaxes de familiarización están organizadas por Turismo de Galicia e contan coa colaboración da Oficina de Turismo de España en Moscova.

Viaxe de operadores turísticos rusos
Na súa estadía, os operadores turísticos rusos visitan hoxe a cidade de Santiago de Compostela, a súa Catedral e o centro histórico.

Mañá xoves, os profesionais do turismo ruso, que representan ás empresas Coral Travel, Natalie Tours, Mostuflot, Jet Travel, Click Voyages, Russian Express, Vand International, Vremia Tour e ao organismo ATOR, manterán unha reunión de traballo con representantes do sector turístico galego no Hostal dos Reis Católicos de Santiago.

Logo desta xuntanza, partirán cara A Costa da Morte, onde visitarán Fisterra e Carnota, para despois achegarse á vila de Muros.

Na súa estadía en Galicia, o venres 19 de xuño achegaranse ata As Rías Baixas, con visita á cidade de Pontevedra, a praia da Lanzada, O Grove, Cambados e Sanxenxo.

Ao día seguinte desprazaranse ata Baiona e dende alí ata as Illas Cíes, mentres que a xornada do domingo está reservada a visitar o Pazo de Oca, na Estrada, e a Cidade da Cultura.

También te podría gustar...