Trinta sete novos especialistas médicos formados en Ourense
- Trinta sete novos especialistas formados en Ourense comenzaron onte a súa carreira profesional
- A conferencia maxistral do Acto de Clausura do Curso 2015-2016 correu a cargo do Profesor Ángel Carracedo
- A duración da “residencia” oscila entre dous ou tres anos, no caso de enfermería, e un máximo de cinco, no caso das especialidades cirúrxicas e medicina interna
Comisión de Docencia, equipo directivo, titores e profesionais da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín, e O Barco de Valdeorras, despediron aos trinta e sete residentes, que remataron este ano súa formación postgrao nos centros acreditados para docencia de Ourense, iniciando súa carreira profesional como médicos especialistas, psicólogos clínicos, farmacéuticos hospitalarios e enfermeiras especialistas en xinecoloxía e obstetricia ou saúde mental.
O acto de clausura do Curso Académico 2015-16 iniciouse cunha conferencia a cargo do Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, e recoñecido experto internacional en xenética, Angel Carracedo Álvarez para posteriormente dar paso a entrega das certificacións como especialista.
Dos residentes que onte remataron a súa formación como especialistas trinta e dous son médicos, trece de Medicina Familiar e Comunitaria; tres de Anestesioloxía e Reanimación; dous de Pediatría e Áreas Específicas; dous Radioloxía e Radiodiagnóstico; dous de Psiquiatría e un no resto de especialidades médicas: Medicina Preventiva, Aparello Dixestivo, Pneumoloxía, Hematoloxía, Medicina Intensiva, Xinecoloxía, Oftalmoloxía, Cirurxía Xeral e Traumatoloxía.
Os seis restantes remataron súa formación postgrao nas especialidades de Enfermería Obstétrico-Xinecolóxica, Enfermería de Saúde Mental, dous, e un en Psicoloxía Clínica e Farmacia Hospitalaria.
De dous a cinco anos de “residencia” e aprendizaxe
Dende 1977, data da Órde Ministerial que institucionalizou a nivel nacional a vía MIR como medio de acceso á especialidade médica, a Comisión de Docencia de Ourense, leva 39 anos formando especialistas dun xeito continuado e progresivo, crecendo en número as especialidades ofertadas.
A duración da etapa de aprendizaxe dos novos residentes depende da especialidade elixida. Así a duración do período formativo das especialistas en enfermería oscila entre os dous e os tres anos, e no resto de especialidades varía entre os catro e os cinco anos, sendo este último o que se corresponde coas especialidades médicas cirúrxicas e medicina interna.